De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 25 de setembro de 2024 (DOG núm. 191, do 3 de outubro).
Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo da presente orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria.
Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa da súa Administración de orixe.
O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres (3) días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lles concedesen ás persoas designadas. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.
Cuarto. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.
Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2024
Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar
ANEXO
Apelidos e nome: Rey Silva, María del Carmen.
NRP: ******2613 A2059.
Subgrupo: C/C2.
Denominación do posto: secretario/a do/da conselleiro/a.
Código: PE.C01.00.000.15770.001.
Nivel: 20.
Centro de destino: Gabinete do/da conselleiro/a.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
