DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2024 Páx. 59548

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2024 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial; o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial; o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica industrial; e o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocados polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial.

Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial.

Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

Unha vez finalizados os procesos selectivos citados e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos citados anteriormente e que, segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos esixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Dado que na presente convocatoria coexisten procesos de acceso libre e procesos de estabilización do mesmo subgrupo e especialidade, prazas correspondentes a diferentes ofertas de emprego público e procesos pertencentes a diferentes subgrupos da Administración especial, a orde para a elección de destino efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

1º. Terán prioridade as persoas convocadas para o acto de elección de destino da especialidade de enxeñaría industrial (acceso libre e estabilización), subgrupo A1, sobre as persoas convocadas para o acto de elección da especialidade de enxeñaría técnica industrial (acceso libre e estabilización), subgrupo A2.

2º. Dentro do mesmo subgrupo e especialidade, a orde para a elección de destino virá determinada polo ano de publicación da oferta pública de emprego; deste xeito, as ofertas máis antigas terán preferencia sobre as ofertas de emprego público máis recentes. No caso de que nunha convocatoria se acumulen prazas correspondentes a varias ofertas, tomarase como referencia a oferta máis antiga convocada.

Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición cuarta. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición cuarta, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición cuarta.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición cuarta, coa cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para seren declaradas en excedencia, ou non presentase a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A, previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia na dirección https://sede.xunta.gal, ou ben presentará a documentación nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias con destinos provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Proceso selectivo

Ano OPE

Acceso

1

1

***3758**

Graña Suárez, Manuel

Enxeñaría industrial-estabilización

2020

Libre

2

2

***3769**

Fernández Parajes, Lourdes

Enxeñaría industrial-estabilización

2020

Libre

3

1

***9033**

Aymerich Rico, Ana María

Enxeñaría industrial-acceso libre

2021

Libre

4

2

***3848**

Baqueiro Alfonso, Alejandro Antón

Enxeñaría industrial-acceso libre

2021

Libre

5

3

***1481**

Sánchez Naveira, Francisco Javier

Enxeñaría industrial-acceso libre

2021

Libre

6

4

***2826**

Fernández Rancaño, María Victoria

Enxeñaría industrial-acceso libre

2021

Libre

7

5

***6728**

Arias Gil, Magaly

Enxeñaría industrial-acceso libre

2021

Libre

8

6

***7091**

Elías Santos, María Jesús

Enxeñaría industrial-acceso libre

2021

Libre

9

7

***5005**

Rico Varela, Luis Alfonso

Enxeñaría industrial-acceso libre

2021

Libre

10

1

***7644**

Fernández Caloto, Manuela

Enxeñaría técnico industrial-estabilización

2020, 2021

Libre

11

1

***6728**

Arias Gil, Magaly

Enxeñaría técnico industrial-acceso libre

2021

Libre

12

2

***7091***

Elías Santos, María Jesús

Enxeñaría técnico industrial-acceso libre

2021

Libre

13

3

***9033**

Aymerich Rico, Ana María

Enxeñaría técnico industrial-acceso libre

2021

Libre

14

4

***5537**

Lamelas Rodríguez, María Luisa

Enxeñaría técnico industrial-acceso libre

2021

Libre

15

5

***1885**

González Maciel, José Luis

Enxeñaría técnico industrial-acceso libre

2021

Libre

16

6

***2842**

Zoido Ferrero, Cristina

Enxeñaría técnico industrial-acceso libre

2021

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

1

EIC040000015770015

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

EI

D. X. de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Santiago de Compostela

A1

26

2

EIC030000215770004

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

EI

S. X. de Administración Industrial

Secretaría Xeral de Industria

Santiago de Compostela

A1

26

3

SAS040000015770006

Posto base subgrupo A1

SA

D. X. de Recursos Económicos

Dirección Xeral de Recursos Económicos

Santiago de Compostela

A1

20

4

EIC991000036001026

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

EI

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

26

5

IVA100000015770024

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)

6

EIC030000115770012

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

EI

S. X. de Proxectos

Secretaría Xeral de Industria

Santiago de Compostela

A1

26

7

EIC040000015770034

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

EI

D. X. de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Santiago de Compostela

A1

26

8

PXA110000615770011

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

FC

Área da Sociedade Dixital

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

9

EIA110000215770027

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

ED

Área de Programas

Axencia Galega de Innovación (Gain)

Santiago de Compostela

A1

26

10

EIC991000015001130

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

EI

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos Periféricos

A Coruña

A2

22

11

MAC030000315770015

Sección autoriz. Produtores e xestores de residuos

MA

S. X. de Residuos

Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

Santiago de Compostela

A2

25

12

EIC991000027001103

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

EI

Xefatura Territorial Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A2

22

13

EIC040000015770037

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

EI

D. X. de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Santiago de Compostela

A2

22

14

EIC040000015770038

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

EI

D. X. de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Santiago de Compostela

A2

22

15

EIC040000015770039

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

EI

D. X. de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Santiago de Compostela

A2

22

16

IVA100000415770015

Xefatura Sección Técnica I

IV

Área de Construción e Conservación

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25