De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da encomenda da Consellería de Facenda e Administración Pública á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:
Actividade: a Fundación Semana Verde de Galicia prestaralle á Consellería de Facenda e Administración Pública o apoio ao desenvolvemento das probas dos seguintes procesos selectivos:
|
Data |
Pavillón |
Subgrupo |
Escala/Especialidade |
DOG |
|
16.11.2024 Mañá |
Pavillón 2 |
AP-libre |
Especialidade de recursos naturais e forestais |
Resolución do 16.11.2023 – DOG nº 221, 21.11.2023 |
|
16.11.2024 Tarde |
Pavillón 2 |
B-libre |
Escala técnica de xestión ambiental |
Resolución do 16.11.2023 – DOG nº 221, 21.11.2023 |
|
17.11.2024 Mañá |
Pavillón 2 |
A1-libre |
Escala superior de orientación laboral |
Resolución do 5.7.2023 – DOG nº 129, 7.7.2023 |
|
17.11.2024 Tarde |
Pavillón 2 |
A2-libre |
Escala técnica de orientación laboral |
Resolución do 5.7.2023 – DOG nº 129, 7.7.2023 |
|
14.12.2024 Mañá |
Pavillón 2 |
C2-libre |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos |
Resolución do 15.11.2023 – DOG nº 221, 21.11.2023 |
|
14.12.2024 Tarde |
Pavillón 2 |
AP-libre |
Especialidade limpeza e cociña |
Resolución do 16.11.2023 – DOG nº 221, 21.11.2023 |
|
2.2.2025 Mañá |
Pavillón 2 |
C1-PI |
Corpo administrativo da Administración xeral, promoción interna |
Resolución do 16.11.2023 – DOG nº 222, 21.11.2023 |
|
8.3.2025 Mañá |
Pavillón 2 |
A2-libre |
Especialidade educador social |
Resolución do 22.1.2024 – DOG nº 20, 22.1.2024 |
|
8.3.2025 Tarde |
Pavillón 2 |
C2-libre |
Escala de persoal de servizos xerais (PSX) |
Resolución do 22.1.2024 – DOG nº 20, 29.1.2024 |
|
9.3.2025 Mañá |
Pavillón 2 |
B-libre |
Escala de axentes técnicos facultativos educación infantil |
Resolución do 22.1.2024 – DOG nº 20, 29.1.2024 |
Natureza e alcance da xestión da encarga: encarga a medios propios por ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración e medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento do disposto nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Orzamento: o orzamento é de 381.622,36 €. O gasto derivado desta encarga imputarase á aplicación orzamentaria 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2024 e 2025, na cal existe crédito axeitado e suficiente.
Esta operación non está suxeita a IVE, segundo o establecido no artigo 7.8 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2024
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro
da Consellería de Facenda e Administración Pública
