DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2024 Páx. 59611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 28 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da segunda ampliación do parque empresarial de Toedo, no concello da Estrada (expediente 2024AAE2922).

De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 25 de outubro de 2024 sobre o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da segunda ampliación do parque empresarial de Toedo, no concello da Estrada.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2922).

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade