Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: regulamentación LMTA TTL811 entre os apoios núm. 283-A-6 e núm. 283-A-8.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
– Substitución do apoio de chapa metálica núm. 283-A-7 da LMTA TTL811 por outro de celosía metálica de tipo C-A-AG-20/2000-T40R-CAIII (CSIII) e retensado do condutor existente tipo LA-56 nos vans contiguos ao apoio proxectado, cunha lonxitude de 269 m.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70), no prazo de trinta (30) días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación.
Durante este prazo poderase examinar a documentación técnica das instalacións neste departamento territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/folgoso-do-courel
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 2 de outubro de 2024
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo
ANEXO
|
Núm. de predio |
Titular proposto |
Parcela |
Afección |
||||||
|
Datos catastrais |
Lugar |
Cultivo |
Apoio |
Voo |
|||||
|
Núm. |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
||||||
|
Polígono |
Parcela |
||||||||
|
1 |
Descoñecido/a |
8 |
459 |
Soutullo |
Monte alto |
283-A-7 |
2 |
||
