Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario núm. 230/2024, interposto pola persoa con DNI 35442929K, contra a resolución desestimatoria ditada no recurso de reposición, interposto contra a resolución do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 18.12.2018, expediente PON/227/2014-RP1, en que se declara que as obras executadas en solo de núcleo rural, consistentes na execución dunha construción auxiliar sita na parcela catastral 243 do polígono 90 (referencia catastral 36005A090002430000TD), no lugar de Tivo 42, parroquia de Santa María, no concello de Caldas de Reis, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a persoa con DNI 76866446D para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
