DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2024 Páx. 59677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de nomeamento como funcionarios/as de carreira de dúas prazas de policía local procedentes da oferta de emprego do ano 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 15 de outubro de 2024, resolveuse nomear como policías locais funcionarios de carreira (escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase: policía local, grupo: C1, prazas vinculadas á oferta de emprego público do ano 2022) deste concello as seguintes persoas ao superar o proceso selectivo para o ingreso nos corpos de policía local, escala básica, convocado pola Orde do 19 de abril de 2023 ( DOG núm. 86, do 5 de maio), e o curso selectivo de capacitación para a categoría de policía, dos corpos de Policía de Galicia, convocado mediante a Resolución do 4 de xaneiro de 2024:

– Camilo Díaz Díaz, con DNI núm. ***4350**.

– Úrsula Comesaña Ambrosío, con DNI núm. ***1856**.

Nomeamentos dos que se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a resolución poden interporse os seguintes recursos:

• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.

• Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente publicación, se non se interpuxese o de reposición. Se se interpuxese este último, o prazo de dous meses empezarán a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta fose expresa. Se a resolución non fose expresa, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

• Calquera outro que considere conveniente, baixo a súa responsabilidade.

Tui, 17 de outubro de 2024

Enrique Cabaleiro González
Alcalde