DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2024 Páx. 59676

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de técnico de xestión (expediente 2232/2024).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 230, do 3 de outubro de 2024, publícanse integramente as bases específicas reguladoras do acceso a dous postos de funcionario de carreira desta entidade: técnicos de xestión da escala da Administración xeral.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, así como na sede electrónica da web municipal www.ribadeo.gal

Ribadeo, 4 de outubro de 2024

Daniel Vega Pérez
Alcalde