DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2024 Páx. 59691

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 6 de novembro de 2024 pola que se nomea a Marcos Prada Ginzo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Mediante a Orde do 14 de marzo de 2023, da Consellería do Medio Rural, nomeouse a José Ramón Rodríguez Castellanos presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

O día 4 de novembro, José Ramón Rodríguez Castellanos presentou ante o pleno do dito consello regulador a renuncia ao seu cargo e desencadeouse así o procedemento para a súa substitución, que se recolle no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores. Nesa mesma reunión do pleno do Consello Regulador acordouse elixir a Marcos Prada Ginzo como presidente deste organismo.

Por todo isto, de acordo co establecido no artigo 20.1 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomeamento do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras

Noméase a Marcos Prada Ginzo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras en substitución de José Ramón Rodríguez Castellanos, a quen se agradecen os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural