Mediante o Decreto da Alcaldía núm. 3168/2024, do 4 de outubro, declarouse persoal laboral fixo descontinuo con xornada a tempo parcial (53,56 % da xornada ordinaria) do Concello de Ames, a Pablo Sergio Rodríguez Montero, con DNI núm. ***3013**, na praza de profesor de guitarra, grupo A2, con código da RPT núm. 5.3.7 e tipo de adscrición definitiva, por superar o proceso selectivo e acreditar que posúe os requisitos establecidos nas bases (publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 234, do 13 de decembro de 2022, con correccións no BOP núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023).
De conformidade coas bases, a formalización do contrato no caso do persoal laboral fixo efectuarase no prazo máximo dun mes a partir da publicación do anuncio da resolución no BOP, que se publicou no núm. 194, do 8 de outubro de 2024.
Ames, 9 de outubro de 2024
José Blas García Piñeiro
Alcalde
