No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 253, do 2 de novembro de 2024, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria pública para prover dúas prazas de administrativo, escala de Administración xeral, subescala administrativa, subgrupo C1, do Concello de Carballedo, mediante o sistema de concurso-oposición, por promoción interna.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Carballedo, 6 de novembro de 2024
Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde
