DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2024 Páx. 59817

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para unha vacante de axudante de arquivo–arquiveiro/a (OEP de 2021).

No BOP da Coruña núm. 196, do 10 de outubro de 2024, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, unha praza de axudante de arquivo-arquiveiro/a, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica, clase técnico/a medio, por oposición libre.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte (20) días naturais, a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.

Fene, 10 de outubro de 2024

Juventino José Trigo Rey
Alcalde