DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2024 Páx. 59818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación e ratificación do convenio urbanístico co Instituto Galego da Vivenda e Solo para a recuperación e posta en valor do Pazo de Dona Urraca e a mellora da ordenación da UI-8.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 17.7.2024, e o Concello Pleno, na sesión do 26.7.2024, e dentro das competencias propias de cada órgano, adoptaron, entre outros, o acordo de ratificar nos seus propios termos o convenio urbanístico entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Lugo para a recuperación e posta en valor do Pazo de Dona Urraca e a mellora da ordenación da UI-8.

Igualmente acordouse, con posterioridade á sinatura deste, a publicación do texto íntegro do convenio no Diario Oficial de Galicia.

O contido íntegro do convenio asinado, así como dos acordos de aprobación, poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/rexistro-de-convenios

Lugo, 15 de outubro de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 1727/2024)
Hipólito Pérez Novo
Director xeral de Urbanismo