DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2024 Páx. 59819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO da orde de execución de limpeza de predios.

Orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia dun expediente e da referencia catastral da parcela en situación de risco de incendio, por resultar descoñecido o titular, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, advertindo expresamente da execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición da interesada no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesada

Referencia catastral

Superficie de afección

(50 metros arredor da edificación illada destinada a persoas sita na parcela 385 do polígono 37)

Gestiona 1380/2024

Ciudalanz, S.L.

9669201NG0496N0001BB

242,87 m2

Gestiona 1380/2024

Ciudalanz, S.L.

9669601NG0496N0001DB

249,84 m2 (100 %)

Gestiona 1380/2024

Ciudalanz, S.L.

9669602NG0496N0001XB

180,85 m2 (100 %)

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 21 de outubro de 2024

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa