DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2024 Páx. 59820

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pantón

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade como funcionario/a de carreira dunha (1) praza de conserxe de colexio incluída na oferta de emprego público de 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 238, do 15 de outubro de 2024, publicouse a convocatoria e o acceso ás bases que han de rexer a convocatoria para cubrir en propiedade, como funcionario/a de carreira, unha (1) praza de conserxe de colexio, encadrada na escala da Administración xeral, subescala subalterna, grupo AP, vacante no cadro de persoal e incluída na oferta de emprego público de 2021, mediante o sistema de oposición libre, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Pantón (https://panton.sedelectronica.gal/info.0).

As bases reguladoras do proceso selectivo de referencia poderanse consultar no taboleiro de anuncios da casa do concello e na sede electrónica municipal mediante a seguinte ligazón (https://panton.sedelectronica.gal/info.0).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e/ou nos taboleiros de anuncios deste concello e na súa sede electrónica, na forma prevista nas propias bases.

Pantón, 16 de outubro de 2024

José Luis Álvarez Blanco
Alcalde