No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 238, do 15 de outubro de 2024, publicouse a convocatoria e o acceso ás bases que han de rexer a convocatoria para cubrir en propiedade, como persoal laboral fixo, dunha (1) praza de operario de servizos de iluminación pública, vacante no cadro de persoal e incluída na oferta de emprego público de 2021, mediante o sistema de oposición libre, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Pantón (https://panton.sedelectronica.gal/info.0).
As bases reguladoras do proceso selectivo de referencia poderanse consultar no taboleiro de anuncios da casa do concello e na sede electrónica municipal mediante a seguinte ligazón (https://panton.sedelectronica.gal/info.0).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e/ou nos taboleiros de anuncios deste concello e na súa sede electrónica, na forma prevista nas propias bases.
Pantón, 16 de outubro de 2024
José Luis Álvarez Blanco
Alcalde
