A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o 10.10.2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«(...) Primeiro. Prestar aprobación inicial ao proxecto denominado «Estudo de detalle para o reaxuste de alineacións e fondos edificables (parcelas C e D1, zona verde e rede viaria da UA5), unidade de actuación nº 5 do PXOM (avenida do Uruguai e rúas Galera, Arcebispo Malvar e fonte da Moureira) Pontevedra», (36038_ED_UA5_202409_AI_02), de data setembro de 2024, asinado dixitalmente, ademais de pola sociedade profesional «Espinosa & Rodríguez Architects Projects Managers, S.L.P.», polos arquitectos Antonio José Espinosa Murias e Antonio Rodríguez o 27.9.2024, co contido e formato adaptado ao disposto nas normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia; instrumento urbanístico formulado por «Arqura Hoimes, Fondos de Activos Bancarios» (representada por Alberto Carlos Alvear Aragón/Serviland Gestión Urbanística, S.L.U»), que tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra o 27.9.2024, baixo os números 2024042335, 2024042337, 2024042338 e 2024042339 e conformado pola arquitecta municipal da OTPXU o 1.10.2024.
Segundo. Someter a información pública o amentado estudo de detalle, durante un prazo dun (1) mes, mediante anuncio que se publicará, pola conta do promotor, no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e na sede electrónica do Concello www.sede.pontevedra.gal, xunto cos informes e documentos preceptivos e nun dos xornais de maior difusión da provincia, con notificación individualizada aos titulares catastrais afectados e, en xeral, ás persoas propietarias dos terreos afectados e/ou que estremen co viario referido, para os efectos de que durante o dito período poidan examinar o expediente e formular as alegacións e suxestións que se consideren oportunas. O remate do amentado prazo de alegacións computarase desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou notificación individual se fose posterior, e a Secretaría da Administración Municipal dilixenciará a documentación exposta (...)».
Asemade, durante o período de información pública, o texto íntegro do estudo de detalle, debidamente dilixenciado, xunto co correspondente expediente administrativo, estarán depositados para a súa consulta, nos servizos urbanísticos municipais, sitos no primeiro andar da rúa dos Ferreiros, números, 28-30, Pontevedra, en horario de oficina, para que poidan ser consultados, para o que se poderá solicitar cita previa, ben presencialmente, ben no teléfono 886 40 51 53 ou ben na sede electrónica do Concello de Pontevedra (oficina: Urbanismo. Trámite: planeamento e xestión urbanística e ordenación do territorio); todo isto sen prexuízo do seu acceso a través da sede electrónica do Concello.
Así mesmo, infórmase que no día de hoxe xa se atopa publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (ligazón exacta a día de hoxe: http://www.pontevedra.gal/areas/urbanismoeterritorio/planeamento-urbanistico/planeamento-en-tramitacion/) o contido íntegro do documento aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Pontevedra, 15 de outubro de 2024
Miguel A. Fernández Lores
Alcalde
