DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2024 Páx. 60092

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso de elaboración das listas propias de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

A Resolución do 1 de agosto de 2024 aproba as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias desta axencia para a contratación temporal de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) e abre o prazo de presentación de solicitudes en 2024 (DOG núm. 156, do 13 de agosto).

A Resolución do 24 de outubro de 2024 aproba e fai públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso de elaboración das listas propias de persoal docente do CSHG (DOG núm. 209, do 29 de outubro).

De conformidade co establecido na cláusula oitava das citadas bases, unha vez resoltas as reclamacións, a Axencia de Turismo de Galicia ditará resolución na cal se aproben as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas, na cal se entenderá implícita a estimación ou desestimación das alegacións presentadas.

En consecuencia,

RESOLVO:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas seguintes listas propias de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG):

1. Profesor/a de aloxamento-rexedoría de pisos.

2. Profesor/a de aloxamento-recepción.

3. Profesor/a de xestión de aloxamento e instalacións.

4. Profesor/a de teoría de servizos.

5. Profesor/a de prácticas de servizos.

6. Profesor/a de enoloxía.

7. Profesor/a de teoría de cociña.

8. Profesor/a de prácticas de cociña.

9. Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición.

10. Profesor/a de inglés.

11. Profesor/a de francés.

12. Profesor/a de alemán.

13. Profesor/a de contabilidade e finanzas.

14. Profesor/a de economía.

15. Profesor/a de dirección estratéxica e control interno.

16. Profesor/a de lexislación e fiscalidade empresarial.

17. Profesor/a de xestión de recursos humanos.

18. Profesor/a de tecnoloxía da información e das comunicacións (TIC).

19. Profesor/a de márketing hoteleiro e gastronómico.

20. Profesor/a de comunicación e RR.PP. hostaleiras.

21. Profesor/a de revenue management e márketing hoteleiro.

Esta resolución farase pública no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia, igual que todas as publicacións referidas a esta convocatoria, e o anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia