De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 30 de outubro de 2024 do proxecto Autorización comercial autonómica para implantación dunha gran superficie retallista de venda de materiais de construción no polígono industrial da Gándara, no concello de Narón (A Coruña), promovido por Bricolaje Bricoman, S.L.U.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
