DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2024 Páx. 60157

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2024 pola que se convocan para a elección de destino as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría de técnico especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións, convocado pola Resolución do 26 de novembro de 2021.

Mediante a Resolución do 26 de novembro de 2021 (DOG do 14 de decembro) convócanse probas selectivas para cubrir catro prazas vacantes da categoría de técnico especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións, unha pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre.

Con data do 23 de outubro de 2024, o tribunal publica a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas pola quenda de acceso libre. Unha vez que estas acreditaron os requisitos establecidos na convocatoria, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9, para que soliciten destino,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados a través do formulario electrónico habilitado ao respecto que figura no catálogo de procedementos da sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm e para o cal empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 26 de novembro de 2021 pola que se convocaba o procedemento selectivo.

Cuarto. Para a selección de destinos, a persoa aspirante deberá acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser contratada como persoal laboral fixo nesta categoría.

2º. Poderá elixir «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 64.2 do Convenio colectivo da USC.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan tendo en conta que deberá indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo a preferencia, que sexa igual ao número de orde obtido.

Quinto. Á persoa aspirante que non presente a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccione un número de prazas inferior ao fixado no parágrafo anterior e non se lle adxudique ningún destino, ou non presentase a súa solicitude de excedencia no xeito previsto nesta resolución, seralle adxudicado de oficio o posto que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, entre os que quedasen sen adxudicar unha vez concluído o proceso de adxudicación de postos.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo convocadas á elección de destino

Quenda de acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***1263**

Lata Fernández, Jacobo

2

***8040**

Valtuille Pérez, Félix

3

***7765**

Outeiral Barbazán, Agustín

ANEXO II

Relación de prazas que se ofertan

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Quenda

Campus

PL000262

Técnico especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións. Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións

Mañá

Compostela

PL000286

Técnico especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións. Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións

Mañá

Compostela

PL001440

Técnico especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións. Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións

Mañá

Compostela