De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocado mediante a Resolución desta universidade do 26 de xuño de 2024 (BOE do 2 de xullo), e unha vez presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos das persoas que se relacionan no anexo.
Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, dado que se poderá tomar posesión durante esta situación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Número de concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código da |
|
2T/24 |
Marta María |
Varela Rey |
***2099** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Bioquímica e Bioloxía Molecular |
Bioquímica e Bioloxía Molecular |
Santiago de Compostela |
C02010 |
|
20T/24 |
Paula |
Saavedra Nieves |
***4736** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Estatística e Investigación Operativa |
Estatística, Análise Matemática e Optimización |
Santiago de Compostela |
C02028 |
|
39T/24 |
Fernando |
Fraga Varela |
***1861** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
C02047 |
|
43T/24 |
Álvaro |
Hermida Ameijeiras |
***0186** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Medicina |
Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina |
Santiago de Compostela |
C02051 |
|
45T/24 |
Patricia |
Regal López |
***8290** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Nutrición e Bromatoloxía |
Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía |
Lugo |
C02053 |
