O 27.3.2023, este departamento territorial ditou unha resolución pola que someteu a información pública a petición de autorización administrativa e da declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMTS ATI712, CT Pedrapinta, no concello de Mos (expediente IN407A 2023/123-4). Esta resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 20.4.2023 coas seguintes características técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor tipo RHZ de 1.190 metros de lonxitude, coa orixe e final nos empalmes coa LMTS ATI7120737, nas arquetas proxectadas no camiño do Campo do Monte, facendo entrada e saída no centro de transformación (CT) proxectado.
Centro de transformación a 250 kVA, con R.T. 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A027003200001DJ, no camiño de Pedrapinta.
O 11.6.2024, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou un proxecto modificado en que cambia a localización do centro de transformación proxectado e consecuentemente a lonxitude da LMTS.
Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS ATI712, CT Pedrapinta.
Situación: Mos.
Características técnicas:
LMTS a 15 kV, con condutor RHZ de 1.504 metros de lonxitude, coa orixe e final nos empalmes coa LMTS ATI7120737, nas arquetas proxectadas no camiño do Campo do Monte, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.
Centro de transformación a 250 kVA, con R.T. 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A046000010001DF, no camiño da Veiga do Muiño.
A instalación está situada no lugar de Pedrapinta, no municipio de Mos (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 21 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2023/123-4 (modificado).
Denominación: LMTS ATI712, CT Pedrapinta.
Concello: Mos.
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CT m2 |
Afeccións |
|
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
|
1 |
Pedrapinta |
Urbana |
36033A046000010001DF |
CMVMC de Mos |
16,81 |
4,11 |
16,88 |
