DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2024 Páx. 60180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2023/383-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT Pontiñas 36AI84.

Situación: Ribadumia.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 400 metros de lonxitude, coa orixe e final no apoio proxectado C-1000/14 na liña de media tensión aérea (LMTA) CBD808 (situado nas parcelas con referencia catastral 36046F503004090000ZR e 36046F503004100000ZO), facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado Pontiñas.

Centro de transformación compacto telecontrolado a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 8343602NH1084S0001WB, en Pontiñas.

Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-1000/14 (173 metros de condutor LA-56).

A instalación está situada en Pontiñas, parroquia de Barrantes, no concello de Ribadumia (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/383-4.

Denominación: LMT, CT Pontiñas 36AI84.

Concello: Ribadumia.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Apoio (m2)

1

Av. Caponiñas-Barrantes

Urbano

8343602NH1084S0001WB

Álvaro Otero Martínez

17.62

2

Porto Dorio

Rústico

36046F503004100000ZO

Descoñecido/a

1,00

3

Porto Dorio

Rústico

36046F503004090000ZR

Descoñecido/a

1,00