DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2024 Páx. 60178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2023/455-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: modificación da LAT 66 kV CTO1 Cambados-Vilalonga.

Situación: Cambados.

Características técnicas:

Substitución dos apoios 36 e 37 da LAT 66 kV CTO1 Cambados-Vilalonga, por outros de maior altura, denominados 36N e 37N.

Tendido de novo condutor entre os apoios 35 e 36N (174 metros de condutor LA-180) e regulado do condutor entre os apoios 36N e 41.

A instalación está situada no concello de Cambados (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/455-4.

Denominación: modificación da LAT 66 kV CTO1 Cambados-Vilalonga.

Concello: Cambados.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

A Bouza

Urbano

6234308NH1063S0001LK

Ernesto Piñeiro Dopazo

36N

5,24

6,13

44,73

2

A Bouza

Labor

36006A031002890000OE

Ernesto Piñeiro Dopazo

36N

1,97

9,05

67,25