DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2024 Páx. 60176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2024/031-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA e substitución CT Nigoi 36CS49 por CTI.

Situación: A Estrada.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 41 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente AC8JHLT1 da LMTA LES808, e final no apoio proxectado C-2000/14.

Centro de transformación intemperie, sobre o apoio proxectado C-2000/14, a 100 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36017L517004960000BL, no lugar da Carballeira.

A instalación está situada na Carballeira, Santa María de Nigoi, no concello da Estrada (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2024/031-4.

Denominación: LMTA e substitución CT Nigoi 36CS49 por CTI.

Concello: A Estrada.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoio (m2)

Afeccións

ml aér.

m2 aér.

1

Arnado

Rústico

360175L517004960000BL

María Inés Iglesias Louzao

2,00

40,50

412,00

2

Arnado

Rústico

36017L517004950000BP

María Rodríguez Pena

67,00

3

Rústico

36017L517080060000BT

Descoñecido/a

157,00

4

Rústico

36017L517080070000BF

Descoñecido/a

59,00