Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: substitución de apoios nas LMTA CII808 e LMTA CII809.
Situación: Moaña.
Características técnicas:
– Substitución dos apoios 9UO9NCTN//D32, 9UPDSWIX//D33 e 9UR778TS//D34 no dobre circuíto aéreo das LMTA CII808 e LMTA CII809, por un apoio C-2000/18, un C-3000/16 e un C-2000/16, respectivamente.
– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV en tres actuacións. A primeira é de 183 metros de lonxitude, con condutor LA-110, coa orixe no apoio proxectado C-2000/18 e final no apoio proxectado C-2000/16. A segunda é de 183 metros de lonxitude, con condutor LA-110, coa orixe no apoio proxectado C-2000/18 e final no apoio proxectado C-2000/16. A terceira é de 50 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio HV-400/10 (9UPXAFTO//D33-1).
A instalación está situada no lugar do Igrexario, na parroquia de Tirán, no concello de Moaña (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 21 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2024/240-4.
Denominación: substitución de apoios nas LMTA CII808 e LMTA CII809.
Concello: Moaña.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
|
Nº |
m2 |
|||||
|
1 |
Catadouro |
Rústico |
36029A057002170000IT |
Descoñecido/a |
1 |
1,69 |
|
2 |
Castro |
Rústico |
36029A057005590000IA |
Descoñecido/a |
2 |
1,61 |
|
3 |
Castro |
Rústico |
36029A057001690000IS |
Descoñecido/a |
2 |
0,09 |
|
4 |
Castro de Abaixo |
Urbano |
36029A057010180000IA |
Elena Costa Parcero |
3 |
1,69 |
