Asunto: proxecto de expropiación dos bens e dereitos afectados pola ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-Lugo, fase III.
Concello: Palas de Rei.
Promotora: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.
Administración expropiante: Consellería de Economía e Industria-Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
Antecedentes:
Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de decembro de 2023 (DOG núm. 39, do 23 de febreiro de 2024), acordou a aprobación definitiva do proxecto de interese autonómico (en diante PIA) para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei, fase III. Esta aprobación definitiva leva implícita a declaración de utilidade pública e o interese social das obras, instalacións e servizos, así como a necesidade de ocupación para os efectos expropiatorios dos bens e dereitos necesarios para a súa execución.
Segundo. Este PIA ten por obxecto desenvolver a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei, segundo as determinacións establecidas na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (en diante, LOT), garantir a axeitada inserción do parque empresarial no territorio, así como a súa conexión coas redes e servizos correspondentes sen menoscabo da funcionalidade dos existentes, a súa adaptación ao eido en que se proxecta e a súa articulación coas determinacións do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na comunidade autónoma de Galicia (en diante PSOAEG) vixente.
Terceiro. De acordo co artigo 40.2.c) da LOT, considérase a creación de solo destinado á realización de actividades económicas: «c) Solo destinado á realización de actividades económicas: é o constituído polos ámbitos que sexan obxecto de actuacións de transformación urbanística con destino á creación de solos para o desenvolvemento de actividades primarias, industriais ou terciarias que teñan por obxecto a produción, a distribución ou a comercialización de bens e servizos, incluída a urbanización complementaria que precisen». Polo tanto, de acordo co citado artigo 40 da LOT, o obxecto do PIA para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei, fase III, é conforme coa LOT.
Cuarto. En Palas de Rei existe un parque empresarial que foi incorporado ao PSOAEG como «fase I, en funcionamento». No propio PSOAEG foi proposta a súa ampliación (fase II). Na primeira modificación do PSOAEG, aprobada mediante o Acordo do Consello da Xunta do 29 de novembro de 2018 (DOG núm. 242, do 20 de decembro), delimitouse unha terceira fase (código de área 27040013).
Quinto. No proceso de achegamento á realidade física durante a redacción do PIA da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei, propio do seu nivel de detalle, observáronse varios desaxustes na estrema de contacto coa fase I e mesmo a afección do Camiño de Santiago. Isto motivou que na modificación puntual núm. 2 do PSOAEG se modificase a delimitación da fase III axustándoa á realidade.
Sexto. O 21 de decembro de 2023 foi aprobada definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia a modificación puntual núm. 2 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2024), que recolle a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei coa fase III. Polo tanto, trátase dun PIA previsto no PSOAEG vixente.
Sétimo. Xestión do Solo de Galicia-Xestur S.A (en diante Xestur), que actúa como promotora do citado parque empresarial, presentou, o 14 de outubro de 2024, á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Consellería de Economía e Industria o proxecto de expropiación dos terreos, bens e dereitos afectados pola ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-Lugo, fase III, para a súa tramitación.
De acordo co artigo 20.g) do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial ten atribuídas as competencias para a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamentos, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial. Polo tanto, a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial actúa como órgano expropiante, en beneficio de Xestur, segundo prevé o artigo 5 do Regulamento de expropiación forzosa (Decreto do 26 de abril de 1957).
Octavo. O proxecto de expropiación foi asinado pola perito da Administración e o representante da Administración. O 17 de outubro de 2024, o Servizo de Planificación e Ordenación do Solo da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial emitiu informe sobre o proxecto de expropiación.
Consideracións legais:
Primeira. O procedemento do expediente expropiatorio para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-Lugo, fase III, iníciase en virtude da dita aprobación definitiva do PIA e de conformidade cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, nos que establecen que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abarcará todos os bens e dereitos neles incluídos, e de conformidade co artigo 51 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.
Segunda. A Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial goza de potestade expropiatoria forzosa, en virtude do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria. De acordo co artigo 20.g) do citado decreto, a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial ten atribuídas as competencias para a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamentos, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial.
Terceiro. Trátase dunha expropiación por razón de ordenación territorial e urbanística e, como tal, regulada no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no Regulamento da Lei do solo de Galicia aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.
Cuarto. O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016, 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015, e artigo 290 e seguintes do Decreto 143/2016.
Quinto. Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo coa normativa previamente citada. Este proxecto tramitarase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación pola Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial dos bens e dereitos necesarios para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-Lugo, fase III, tendo Xestur a condición de beneficiaria da expropiación.
Sexto. A persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial é o órgano competente para asinar a presente resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 20.g) do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.
De conformidade co previsto no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,
ACÓRDASE:
Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-Lugo, fase III.
Segundo. Someter a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, o citado proxecto de expropiación forzosa, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade, bens ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Así mesmo, darase audiencia ao Concello de Palas de Rei e notificarase ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda e, para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase no taboleiro de edictos únicos do Boletín Oficial del Estado.
Igualmente, o expediente estará exposto polo prazo dun mes, á disposición das persoas interesadas, no Concello de Palas de Rei, nas oficinas da Dirección Territorial de la consellería de Economía e Industria, na rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, ademais de na páxina web da Consellería, https://economia.xunta.gal
Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas, dirixidas á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Terceiro. Notificar individualmente a valoración ás persoas que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.
Incorpórase como anexo a relación inicial de bens, dereitos e titulares.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO I
Relación inicial de bens, dereitos e titulares afectados polo proxecto de expropiación para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-Lugo, fase III
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Superficie total (m2) |
Superficie afectada (m2) |
|
1 |
27040A001000020000UP |
José Otero Mosquera |
62.855,00 |
29.601,00 |
|
2 |
27040A001000130000UD/ 27040A001000130001IF |
Manuel Pereiro Orozco |
612,00 |
190,00 |
|
3-4-7 |
27040A001006030000UB/ 27040A001006030001IZ |
Mourenza y Pardo, S.L. |
2.927,00 |
2.385,00 |
|
5 |
27040A001000170000UE/ 27040A001000170001IR |
José Manuel Buján Pereiro |
524,00 |
524,00 |
|
6 |
27040A001000180000US/ 27040A001000180001ID |
Jorge Buján Barreiro |
4.566,00 |
4.566,00 |
|
8 |
1875602NH9417N0000IS/ 1875602NH9417N0001OD |
María Jesús Quintas Ouro |
510,00 |
130,00 |
|
9 |
1875603NH9417N0001KD |
María Rosa Vázquez García, María del Rosario Vázquez García |
1.441,00 |
96,00 |
|
10 |
2075401NH9427N0000XH |
José Otero Mosquera |
3.187,00 |
1.992,00 |
|
11 |
1873811NH9417S0001GZ |
Concello de Palas de Rei |
2.860,00 |
538,00 |
|
12 |
1775404NH9417N0001RD |
Concello de Palas de Rei |
759,00 |
57,00 |
|
13 |
1775402NH9417N0001OD |
Eutiquio Vizcaino Pazos |
1.871,00 |
110,00 |
