DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2024 Páx. 60284

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial do SUR PPR 6.

O Pleno da Corporación municipal, na sesión ordinaria do 30 de setembro de 2024, aprobou inicialmente o Plan parcial do SUR PPR 6. O acordo sométese a exposición pública durante un prazo de 2 meses mediante publicación no DOG e no taboleiro de edictos do concello, así como nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

O Porriño, 3 de outubro de 2024

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde