DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2024 Páx. 60285

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria dun posto de chofer de rozadora.

Expediente 3344/2024.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 234, do 9 de outubro de 2024, publícanse integramente as bases específicas reguladoras do acceso a un posto de traballo de carácter laboral fixo, chofer de tractor-rozadora.

De conformidade co previsto nas referidas bases o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, así como na sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal

Ribadeo, 14 de outubro de 2024

Daniel Vega Pérez
Alcalde