No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, do 13 de setembro de 2024, publicáronse as bases específicas das prazas de sarxenta/o SPEIS, cabo SPEIS, administrativa/o da Administración xeral, auxiliar da Administración xeral, técnico/a da Administración xeral, oficial coidador, mantemento, vixilancia e control Vigozoo, oficiais de oficios, axudante de oficios, diplomado/a traballo social, técnico/a de xestión, subalterno/a, operario/a peón e alguacil notificador/a incluídas nesta segunda fase da convocatoria.
As bases xerais dos procesos selectivos derivados da execución das ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2020, 2021 e 2022 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, do 3 de xuño de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para persoal funcionario, sexa pola quenda libre ou por promoción interna, e laboral pola quenda libre, e anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia para persoal laboral pola quenda de promoción interna.
Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación, xuntamente coa páxina web municipal, www.vigo.org
Vigo, 21 de outubro de 2024
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira-delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 28.6.2024)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal
