DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de outubro de 2024 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da concesión outorgada ao Monte Real Club de Yates de Baiona para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Baiona.

Logo de solicitude do concesionario Monte Real Club de Yates de Baiona, a Presidencia de Portos de Galicia acordou o día 2 de maio de 2024 iniciar o trámite de modificación substancial da concesión para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Baiona.

O obxecto da modificación é a ampliación da lámina de auga concesionada e a creación de novas prazas de amarre.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR004A, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia