DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 31 de outubro de 2024 polo que se notifica a proposta de resolución sobre adxudicación da cesión temporal de predios.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se indica no anexo deste anuncio a proposta de resolución sobre adxudicación da cesión temporal de predios.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro do documento nas dependencias da Axencia (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ata ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2024

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Nº expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20071501602-2022-11327

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia

33251788K

Proposta de resolución sobre a adxudicación da cesión temporal de predios