DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 31 de outubro de 2024 polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de denuncia DH.D15.104604.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 33287933-X o requirimento do 23 de outubro de 2024 ditado no procedemento de denuncia en materia de verteduras DH.D15.104604.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións, perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2024

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia