DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60320

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2024 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 18 de xuño de 2024, conxunta da Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Axencia Galega de Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

A Orde do 20 de decembro de 2023 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro de 2024), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego.

Estas axudas foron adxudicadas pola Resolución do 18 de xuño de 2024 (DOG núm. 124, do 27 de xuño).

A Orde do 20 de decembro de 2023 establece no seu artigo 19 que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

No mesmo artigo 19 tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a competencia para adxudicar unha nova axuda corresponde á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

De acordo con todo o anteriormente indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada polo solicitante da axuda adxudicada na Resolución do 18 de xuño de 2024 que se indica a continuación:

Nº exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Data da renuncia

ED481D-2024-025

UDC

Rivadulla

Costa

Diego

30.8.2024

Segundo. Adxudicar as axudas correspondentes ás persoas da lista de espera, con data de comezo prevista para os contratos do 1 de decembro de 2024:

Nº exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación

ED481D-2024-005

USC

Rey

Araujo

Pedro Mª

77,00

Terceiro. A distribución resultante por universidades é a seguinte:

Aplicación orzamentaria

Univ.

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2024

2025

2026

2027

2028

Total

37.02.561B.444.0

UDC

3

31.500,00

117.000,00

117.000,00

96.900,00

0,00

362.400,00

37.02.561B.744.0

15.000,00

30.000,00

30.000,00

15.000,00

0,00

90.000,00

Total UDC

46.500,00

147.000,00

147.000,00

111.900,00

0,00

452.400,00

37.02.561B.444.0

USC

9

84.000,00

344.666,67

351.000,00

297.400,00

10.133,33

1.087.200,00

37.02.561B.744.0

40.000,00

90.000,00

90.000,00

50.000,00

0,00

270.000,00

Total USC

124.000,00

434.666,67

441.000,00

347.400,00

10.133,33

1.357.200,00

37.02.561B.444.0

Uvigo

8

84.000,00

312.000,00

312.000,00

258.400,00

0,00

966.400,00

37.02.561B.744.0

40.000,00

80.000,00

80.000,00

40.000,00

0,00

240.000,00

Total Uvigo

124.000,00

392.000,00

392.000,00

298.400,00

0,00

1.206.400,00

Total SUG

294.500,00

973.666,67

980.000,00

757.700,00

10.133,33

3.016.000,00

Cuarto. Pechar a lista de espera.

Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
P.D. (Artigo 12 da Orde do 20.12.2023)
José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades