DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS626F (expediente 15030003623R e un máis) e no procedemento BS618D (expediente 15030038823E).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación das resolucións dos recursos de alzada ditadas nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro das referidas resolucións e dos seus expedientes e advírteselles que, de non o faceren, se considerará por efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xudicial competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de outubro de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE/

Resolución do recurso de alzada

Data da resolución

15030003623R

Y9824361V

Desestimación

25.9.2024

15054001124R

Y7355268C

Desestimación

1.10.2024

ANEXO II

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE/

Resolución do recurso de alzada

Data da resolución

15030038823E

34895982Z

Inadmisión

25.9.2024