DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 9 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS210A LU33854.

De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas das resolucións dos procedementos de reintegro das prestacións as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Serra dos Ancares, nº 68, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderáse interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da consellería competente en materia de política social, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 9 de setembro de 2024

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO

Procedemento BS210A

Número expediente

Persoa interesada

Contido do acto administrativo

Data do acto

administrativo

LU 0000033854

33580201V

Resolución do procedemento de reintegro das prestacións

3.4.2023