DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia deste departamento.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 31 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Humberto Rosales Paz

Trámite de audiencia no expediente de IN407A 2016/187, de revogación da resolución pola que se outorgou a Unión Fenosa Distribución, S.A. a autorización administrativa, declaración, en concreto, pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMT CII809 Domaio Signo, no concello de Moaña.

Benedicta Alonso Martínez

Servando Martínez Rodríguez

Trámite de audiencia no expediente de IN407A 2017/177, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica LMTA VAA708 e CTI A Portela, no concello de Gondomar.

Rodrigo Oya Martínez

Resolución do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2022/275- 4).

Hros. Ricardo Taboada García

Óscar Taboada Montouto

Resolución do 27 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT LAL810 AP ARLF7GF//D68, no concello de Lalín (expediente IN407A 2022/408-4).

Nuria e Gloria

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/443-4, de solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica LMT, CT Pedra Alta, no concello de Cangas.

Carlos Silva Castiñeira

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/454-4, de solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS TUI804, CT Sobredo I, CT Sobredo II e ITC, no concello de Tui.

Hros. María Camila Iglesias Abalde

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/468-4, de solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica LMT, SDM707 e substitución CT Portoloureiro por CTC, no concello de Vigo.

Aurelio Porto Piñeiro

Josefina Menor Buceta García

Marina Casas Martínez

Manuel Torres Outeda

Manuela Porto Piñeiro

Miguel Martínez López

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/487-4, de solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica LMT, CT Campañó de Arriba, no concello de Pontevedra.