DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2024 pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 4ª fase-Pontevedra.

Asunto: proxecto de expropiación forzosa do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 (4ª fase).

Concello: Lalín.

Promotora: Xestión do Solo de Galicia, S.A. (en diante, Xestur).

Expropiadora: Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. Consellería de Economía e Industria.

Antecedentes:

Primeiro. O Pleno da Corporación do Concello de Lalín, que tivo lugar o 1 de xullo de 2010 (Diario oficial de Galicia (DOG) nº 200, do 18 de outubro) acordou a aprobación definitiva do Plan de sectorización e o informe de sustentabilidade ambiental para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 (4ª fase). Coa dita aprobación definitiva declárase a utilidade pública e o interese social das obras, instalacións e servizos, así como a necesidade de ocupación para os efectos expropiatorios dos bens e dereitos necesarios para a execución do plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 (4ª fase).

Segundo. Co obxectivo de reducir o movemento de terras definido no mencionado plan de sectorización, a superficie de viario para favorecer a viabilidade do polígono, mellorando a súa integración no contorno e capacitar o desenvolvemento da futura urbanización do polígono empresarial por fases, proponse unha modificación do mencionado Plan de sectorización. O pleno da Corporación do Concello de Lalín, que tivo lugar o 27 de xaneiro de 2023 (DOG nº 49 de 10 de marzo), acordou a aprobación definitiva da modificación do Plan de sectorización da cuarta fase do polígono empresarial Lalín 2000.

Terceiro. Con data do 8 de xuño de 2005, subscribiuse un convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), o Concello de Lalín (Pontevedra) e a empresa pública Xestur Pontevedra para a preparación da 4ª fase do parque empresarial Lalín 2000.

Xestur, que actúa como promotor do citado parque empresarial, formulou ao IGVS o proxecto de expropiación dos terreos, bens e dereitos necesarios para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 4ª fase-Pontevedra para a súa tramitación.

Cuarto. O día 23 de maio de 2023, Xestur presenta para a súa oportuna tramitación o proxecto de expropiación dos terreos, bens e dereitos necesarios para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 4ª fase redactado pola empresa Proyestegal, S.L.

Quinto: En virtude da Resolución do 3 de outubro de 2023, o director xeral do IGVS acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 (4ª fase), e sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario oficial de Galicia (DOG núm. 197, do 17 de outubro de 2023) e nun xornal dos de maior circulación na provincia (anuncio publicado no Faro de Vigo do 17 de outubro de 2023).

Sexto. A taxación dos bens e dereitos que se precisan ocupar neste expediente notificóuselles individualmente aos que aparecen como os seus respectivos titulares, mediante traslado literal da citada Resolución do 3 de outubro de 2023 e da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que puidesen formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de recepción da referida notificación, tal e como se sinala no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Igualmente, a dita resolución publicouse por medio de anuncio no Boletín oficial del Estado (BOE núm. 53, do xoves 29 de febreiro de 2024), para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, o expediente estivo exposto ao dispor das persoas interesadas polo prazo dun mes no Concello de Lalín, nas oficinas da Área Provincial do IGVS en Pontevedra e na páxina web do IGVS http://igvs.xunta.gal/. Igualmente, deuse audiencia ao citado concello e notificóuselle ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda.

Sétimo. Cumpridos os anteriores trámites, elaborouse un informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas, así como as preceptivas follas de prezo xusto definitivas, e Xestur presenta o 26 de abril de 2024, no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, o proxecto de expropiación para aprobación definitiva redactado pola empresa Proyestegal, S.L. Este proxecto está dirixido ao IGVS, posteriormente o IGVS derivou o expediente á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial por ser, actualmente, o órgano expropiante.

De acordo co artigo 20, alínea g) do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, correspóndelle á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamento, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial. En consecuencia, todas as referencias ao IGVS como órgano expropiante agora deben entenderse feitas á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Oitavo. O proxecto para aprobación definitiva foi asinado polo representante da Administración e polo perito da Administración. O proxecto foi supervisado pola xefa do Servizo de Planificación e Ordenación de Solo Empresarial.

Con data do 8 de novembro de 2024 o subdirector de Estratexia Industrial e Solo Empresarial e a xefa do Servicio de Planificación e Ordenación de Solo Empresarial emiten informe proposta de resolución de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 (4ª fase).

Consideracións legais:

Primeira. O procedemento do expediente expropiatorio iníciase en virtude da aprobación definitiva do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial de Lalín 2000 (4ª fase). A aprobación deste instrumento urbanístico implica a declaración de utilidade pública dos dereitos afectados, así como a necesidade de ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a súa execución de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 202.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016.

Así mesmo, de conformidade cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, establécese que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abarcará todos os bens e dereitos neles incluídos.

Segunda. De acordo co artigo 20, alínea g) do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, correspóndelle á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamento, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial.

Terceira. O artigo 118.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, establece que unha vez «emitido informe sobre as alegacións, se someterá o expediente á aprobación do órgano municipal ou autonómico que sexa competente. Enténdese que o órgano autonómico competente será a persoa titular da consellería expropiante».

De acordo coa Orde do 4 de novembro de 2024 (DOG núm. 217, do 11 de novembro), sobre delegacións de competencias en diversos órganos da Consellería de Economía e Industria, establécese no seu artigo 11 Delegacións singulares: «2. Delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial o exercicio das facultades que, en materia de expropiación forzosa e dentro do seu ámbito competencial, o ordenamento lle atribúe á persoa titular da consellería expropiatoria, con especial referencia á aprobación dos expedientes expropiatorios correspondentes a proxectos de interese autonómico para parques empresariais».

Cuarta. Trátase dunha expropiación urbanística, e como tal, regulada na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o eegulamento da Lei 2/2016.

Quinta. O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, de solo de Galicia; 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015; e artigo 290 e seguintes do Decreto 143/2016.

Sexta. Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo coa normativa previamente citada. Este proxecto de expropiación tramítase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación pola Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial de Lalín 2000 (4ª fase), tendo Xestur a condición de beneficiaria da expropiación.

De conformidade co disposto no número 10 do artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Sétima. O expediente tramitado reúne a documentación relacionada no artigo 118.1 da Lei do solo de Galicia. Di así o citado artigo:

«1. Nos supostos do procedemento de taxación conxunta, o expediente conterá os seguintes documentos:

a) Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto á situación, superficie e lindes coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

b) Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

c) Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, en que se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

d) Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.

2. O proxecto de expropiación, cos documentos sinalados, será aprobado inicialmente e exposto ao público polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian figura no anexo desta resolución.

En virtude disto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución da ampliación do parque empresarial de Lalín 2000 (4ª fase) e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Segundo. Ordenar a notificación desta resolución, de xeito individualizado, a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran como tales neste expediente de expropiación, ao cal se deberá unir a correspondente folla de prezo xusto definitiva.

Igualmente, deberase notificar esta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no expediente expropiatorio que se aproba, e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda en Pontevedra, unha vez determinado, con carácter firme, o prezo xusto dos bens e dereitos que se expropian.

Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución, así como o seu anexo de relación de bens e dereitos afectados, no DOG e no taboleiro de edictos do Concello Lalín. Así mesmo, publicarase un anuncio no BOE para os efectos de que sirva de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación ou o medio, ou ben, se intentada esta non se puidese efectuar, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da recepción da notificación ou, de ser o caso, da data da publicación no BOE, os interesados poderán manifestar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, a súa desconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, conforme o que dispón o artigo 118.7 da Lei 27/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

A dita desconformidade presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, que deberá dirixirse á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aqueles suxeitos non obrigados a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, conforme o artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán presentar a súa desconformidade por calquera dos medios recollidos no artigo 16. 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da Lei do solo de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

A conselleira de Economía e Industria
P.D. (Orde do 4.11.2024)
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO

Relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 (4ª fase)

Núm. de orde

Referencia catastral

Persoas titulares

Superficie (m²)

Superficie

afectada (m²)

1

36024A154001290000BF

Javier Santomé Fernández

Lucía Peón Santomé

696,00

696,00

2

36024A154001290000BF

Piedad Emérita Hermida González

Begoña Rodríguez Hermida

Luis Rodríguez Hermida

María Isabel Rodríguez Hermida

Rosa María Rodríguez Hermida

659,00

659,00

5

36024A154001250000BQ

Francisco Pérez Donsión

1.594,00

1.594,00

6

36024A154001240000BG

María del Pilar Granja Negro

José Luis Granja Negro

802,00

802,00

7

36024A154001230000BY

Francisco Pérez Donsión

508,00

508,00

8

36024A154001220000BB

María del Pilar Granja Negro

José Luis Granja Negro

669,00

669,00

9

36024A154001210000BA

Javier Santomé Fernández

504,00

504,00

10

36024A154001200000BW

María Ángela Trina Sánchez Varela (herdeiros de)

6.688,00

6.688,00

11

36024A154001180000BA

Amalia Pérez Donsión

887,00

887,00

12

36024A154001170000BW

María del Pilar Granja Negro

José Luis Granja Negro

531,00

531,00

13

36024A154001140000BZ

Francisco Pérez Donsión

327,00

327,00

14

36024A154001130000BS

María del Pilar Granja Negro

José Luis Granja Negro

353,00

353,00

15

36024A154001120000BE

Francisco Pérez Donsión

334,00

334,00

16

36024A154001110000BJ

José Luis Pérez Donsión

390,00

390,00

17

36024A154001150000BU

Javier Santomé Fernández

Lucía Peón Santomé

1.351,00

1.351,00

19

36024A154001060000BX

María del Pilar Granja Negro

José Luis Granja Negro

1.180,00

1.180,00

20

36024A154001050000BD

Amalia Pérez Donsión

1.028,00

1.028,00

21

36024A154001020000BO

María del Pilar Granja Negro

José Luis Granja Negro

1.310,00

1.310,00

22

36024A154001040000BR

María Ángela Trina Sánchez Varela (herdeiros de)

680,00

680,00

23

36024A154000990000BF

Javier Santomé Fernández

Lucía Peón Santomé

2.007,00

2.007,00

24

36024A154001090000BE

Amalia Pérez Donsión

4.692,00

4.692,00

25

36024A154000980000BT

José Ramón Silva Torres

Isaura Álvarez Gil

972,00

972,00

26

36024A154000970000BL

María Ángela Trina Sánchez Varela (herdeiros de)

1.858,00

1.858,00

27

36024A154000950000BQ

María del Pilar Granja Negro

José Luis Granja Negro

3.926,00

3.926,00

28

36024A154001010000BM

Amalia Pérez Donsión

497,00

497,00

29-1

36024A154000470000BE

Manuel Meijome Areán

1.718,00

1.718,00

29-2

36024A154000450000BI

Luis Otero Areán

Marcelina García Pérez

1.437,00

1.437,00

43

36024A154000440000BX

Manuel Vázquez Pereira

693,00

693,00

46

36024A154000380000BK

María del Pilar Fernández Nacher

2.699,00

2.699,00

48-49

36024A154000360000BM

José Vilariño Granja

María Isabel Vilariño Granja

986,00

986,00

50

36024A154000340000BT

María del Pilar Granja Negro

José Luis Granja Negro

1.292,00

1.292,00

52

36024A154000270000BG

Luz Granja Castro

736,00

736,00

54

36024A154000290000BP

Manuel Areán González

649,00

649,00

55

36024A154000310000BQ

María Rosa López Portas

708,00

708,00

56

36024A154000630000BQ

Nicasio H. Blanco Rodríguez

6.040,00

6.040,00

57

36024A154000390000BR

José Ramón Ferradas Varela

Milagros Madriñán Méndez

3.063,00

3.063,00

60

36024A154000500000BE

María Luz González Ferradas

José Antonio González Ferradas

Manuel González Ferradas

654,00

654,00

63

36024A154002170000BY

José Luis Crespo Granja

Montserrat Crespo Granja

1.973,00

1.973,00

64

36024A154002160000BB

Graciela Lamas Diéguez

Jesús Granja Lamas

María Dolores Pereira Rozas

1.973,00

1.973,00

65

36024A154000850000BU

Hortensia Nóvoa Granja

3.038,00

3.038,00

66

36024A154000840000BZ

Manuel Fernández Martínez

Diocese de Lugo

11.770,00

11.770,00

67

36024A154001830000BH/

36024A154001830001ZJ

Sergio Fernández Saavedra Vidal Melucha Amelia Lorenzo Villanueva

4.645,00

273,00

69-2

36024A154000540000BH

Manuel Presas Enríquez

932,00

932,00

70

36024A154000570000BB

María Elena Haya Roldán

Nerea López Haya

1.941,00

1.941,00

71

36024A154000580000BY

Hortensia Nóvoa Granja

1.798,00

1.798,00

75

36024A154000620000BG

Hortensia Nóvoa Granja

1.071,00

1.071,00

77

36024A154000800000BI

Jesús Granja Lamas

María del Carmen Granja Lamas

María Dolores Pereira Rozas

Antonio Vila Castro

6.566,00

6.566,00

78

36024A154000820000BE

Luz Granja Castro

Celia Monserrat Granja Castro

María Elena Granja Castro

45,00

45,00

79

36024A154000820000BE

Carmen Fuentes Blanco

Antonio Fuentes Blanco

José Olivo García Sánchez

Carmen Peón Fuentes

45,00

45,00

80

36024A154000820000BE

Luz Granja Castro

Celia Monserrat Granja Castro

María Elena Granja Castro

53,00

53,00

81

36024A154000820000BE

Carmen Fuentes Blanco

Antonio Fuentes Blanco

José Olivo García Sánchez

Carmen Peón Fuentes

1.594,00

1.594,00

82

36024A154000810000BJ

Luz Granja Castro

Celia Monserrat Granja Castro

María Elena Granja Castro

2.205,00

2.205,00

83

36024A154000740000BR

María Luz González Ferradas

José Antonio González Ferradas

Manuel González Ferradas

6.913,00

6.913,00

84

36024A154000650000BL

Lourdes Nóvoa López

Antonio José Nóvoa López

4.574,00

4.574,00

86

36024A153007300000BT

Flora Fernández Nacher

3.451,00

3.451,00

89

36024A153007240000BQ

Alfonso Bodaño García

285,00

285,00

90

36024A153007230000BG

Julia Negro Taboada

506,00

506,00

91

36024A153007220000BY

María Celia Crespo Fernández

462,00

462,00

92

36024A153007210000BB

Flora Fernández Nacher

564,00

564,00

93

36024A153007200000BA

Lilia Varela Granja

543,00

543,00

94

36024A153007190000BY

María Elena Haya Roldán

Nerea López Haya

783,00

783,00

95

36024A153007180000BB

Celia Monserrat Granja Castro

Alfonso Granja Jácome

803,00

803,00

96

36024A153007170000BA

Rosa María Rodríguez Hermida

Fernando Domínguez Ferradás

Juan Carlos Domínguez Ferradás

Juan José Domínguez Moreno

Antonio Ferradás Riádigos

María Herminia Celia Ferradás Fiádigos

María Josefa Ferradás Riádigos

Rosalía Ferradás Riádigos

Piedad Emérita Hermida González

Isidoro Florentino Remeseiro Vázquez

José Antonio Riádigos Pájaro

María Riádigos Pájaro

Begoña Rodríguez Hermida

Luis Rodríguez Hermida

María Isabel Rodríguez Hermida

958,00

958,00

99

36024A153007450000BZ

Jesús Ferradas Varela

616,00

616,00

100

36024A153007460000BU

José Crespo Negro

Élida Faílde Otero

467,00

467,00

102

36024A153007480000BW

José Negro Cacheda

206,00

206,00

104

36024A153007490000BA

Piedad Emérita Hermida González

Begoña Rodríguez Hermida

Luis Rodríguez Hermida

María Isabel Rodríguez Hermida

Rosa María Rodríguez Hermida

3.710,00

3.710,00

107

36024A153007390000BJ

Nicasio H. Blanco Rodríguez

2.966,00

2.966,00

108

36024A153007380000BI

Jesús Granja Lamas

María del Carmen Granja Lamas

María Dolores Pereira Rozas

Antonio Vila Castro

2.690,00

2.690,00

109

36024A153009040000BZ

Flora Granja González

1.417,00

1.417,00

110

36024A153007370000BX

Luz Granja Castro

Celia Monserrat Granja Castro

María Elena Granja Castro

664,00

664,00

114

36024A153007330000BO

María Rosa López Portas

2.318,00

2.318,00

115

36024A154000720000BO

María Luz González Ferradas

José Antonio González Ferradas

Manuel González Ferradas

2.301,00

2.301,00

116

36024A154000710000BM

Luz Granja Castro

Celia Monserrat Granja Castro

María Elena Granja Castro

700,00

700,00

117

36024A153007320000BM

Luz Granja Castro

Celia Monserrat Granja Castro

María Elena Granja Castro

352,00

352,00

118

36024A153007310000BF

Nicasio H. Blanco Rodríguez

1.714,00

1.714,00

119

36024A154000700000BF

Nicasio H. Blanco Rodríguez

2.610,00

2.610,00

120

36024A154000690000BO

Victorino Taboada Blanco

María Carmen Balo Villanueva

2.732,00

2.732,00

121

36024A154000680000BM/

36024A154000680001ZQ

Monserrat Cumplido Granja

María Elena Granja Castro

3.290,00

2.174,00

122

36024A154000670000BF/

36024A154000670001ZG

José Vaamonde Semiao

3.732,00

2.367,00

125

36024A154002220000BQ/

36024A154002220001ZW

Adelina González González

Manuel Fernández García

2.700,00

1.687,00

126

36024A154002240000BL

VictorinoTaboada Blanco

María Carmen Balo Villanueva

304,00

304,00

127

36024A154002230000BP/

36024A154002230001ZA

María del Carmen Meijome Álvarez

2.389,00

1.632,00

128

36024A154002020000BD

Grúas Lalín, S.L.

490,00

490,00

129

36024A154002250000BT

Luz Granja Castro

Celia Monserrat Granja Castro

María Elena Granja Castro

122,00

122,00

130

36024A154002260000BF

Grúas Lalín, S.L.

507,00

507,00

131

36024A154001950000BT/

36024A154001950001ZY

Teresa Granja S-S

María Dolores González Granja

María Fe González Granja

Luz Amalia Granja Barcala (herdeiros de)

María Isabel Granja Barcala (herdeiros de)

Celia Monserrat Granja Castro

Luz Granja Castro

María Elena Granja Castro

Luis Granja López

Manuel Granja López (herdeiros de)

María Esther López Carral

2.273,00

1.375,00

133

36024A154001960000BF/

36024A154001960001ZG

Manuel Camba Blanco

461,00

199,00

134

36024A154002270000BM/

36024A154002270001ZQ

Grúas Lalín, S.L.

2.361,00

1.733,00

135

36024A154001980000BO/

36024A154001980001ZP

María del Carmen Meijome Álvarez

1.153,00

809,00

136

36024A154002190000BQ/

36024A154002190001ZW

María del Carmen Meijome Álvarez

1.011,00

777,00

137

36024A154001990000BK/

36024A154001990001ZL

Manuel Taboada González

Evangelina Saa Taboada

2.531,00

1.642,00

138

36024A154002010000BR

María Esther López Carral

María Dolores González Granja

María Fe González Granja

Luz Amalia Granja Barcala (herdeiros de)

María Isabel Granja Barcala (herdeiros de)

Celia Monserrat Granja Castro

Luz Granja Castro

María Elena Granja Castro

Luis Granja López

Manuel Granja López (herdeiros de)

Teresa Granja S-S

2.303,00

2.303,00

139

36024A154002040000BI

Manuel Camba Blanco

694,00

694,00

140

36024A154002030000BX

Luz Granja Castro

Celia Monserrat Granja Castro

María Elena Granja Castro

627,00

627,00

141

36024A154001140000BZ

Manuel Pérez Donsión

348,00

348,00

46 CTA

María del Pilar Fernández Nacher

Etelvino López López

José Vázquez Casal