Examinado o expediente iniciado por solicitude de Naturgy Nuevas Energías, S.L. en relación coa autorización de transmisión e coa autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do proxecto de almacenamento eléctrico Bess Troncal, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. Con data do 29 de decembro de 2022, Naturgy Nuevas Energías, S.L.U. solicita a autorización administrativa previa e de construción dun proxecto de almacenamento eléctrico denominado Bess Troncal de 5 MW de potencia máxima de funcionamento, situado no concello de Vigo (Pontevedra).
Segundo. Con data do 8 de febreiro de 2023, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (actualmente, Consellería de Economía e Industria) requiriu á empresa solicitante a documentación adicional necesaria para continuar coa tramitación do procedemento. A empresa achegou, o 17 de febreiro de 2024, a documentación requirida e incluíu unha addenda ao proxecto construtivo presentado xunto á solicitude de autorización administrativa.
Terceiro. Con data do 17 de marzo de 2023, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación resolveu someter a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción do proxecto de almacenamento eléctrico BESS Troncal, do concello de Vigo, provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2022/007-4), e publicouna con data do 5 de abril de 2023, no Diario Oficial de Galicia nº 67, cunha potencia máxima de funcionamento de 5 MW.
Durante o período de información pública non se presentou ningunha alegación.
Cuarto. Con data do 21 de marzo de 2023, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación remitiu respectivamente ao Concello do Vigo e á UFD Distribución Electricidad, S.A. unha separata do proxecto de almacenamento eléctrico de referencia, así como a addenda citada no antecedente de feito segundo, co fin de que se formule o condicionado técnico procedente, de acordo co recollido no artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
Quinto. Con data do 22 de marzo o Concello de Vigo de 2023 emitiu un informe no cal se manifesta:
«Non existe inconveniente, desde o punto de vista urbanístico, en tramitar as licenzas necesarias para a instalación das infraestruturas eléctricas que se detallan no proxecto.
Para estas canalizacións de media tensión e conexións que posibilitan a conexión entre as instalacións existentes e as novas en viario público municipal, seralles de aplicación a Ordenanza reguladora das obras e as consecuentes ocupacións necesarias para a Implantación de servizos na vía pública, achegando a correspondente autorización municipal da área de Fomento».
Sexto. Con data do 28 de marzo de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. emitiu un informe no cal se manifestan entre outros aspectos «que, analizada a documentación trasladada por esta Administración, a UFD non mostra inconveniente á execución das obras ás que refire este expediente, condicionada a dita execución ao cumprimento das prescricións técnicas e regulamentarias establecidas na lexislación aplicable ás instalacións da rede de distribución afectadas, das que é titular esta sociedade».
Sétimo. Con data do 12 de abril de 2023, a empresa promotora manifestou respectivamente a aceptación do recollido nos informes citados nos antecedentes de feito quinto e sexto.
Oitavo. Con data do 25 de maio de 2023, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación informou que «non se observa impedimento para que se continúe coa tramitación do procedemento de autorización administrativa previa e de construción do proxecto de almacenamento eléctrico BESS Troncal, no concello de Vigo».
Noveno. Con data do 9 de outubro de 2023, Naturgy Renovables, S.L.U. solicitou a transmisión ao seu favor do proxecto de almacenamento Bess Troncal, co fin de dar continuidade á súa tramitación administrativa a nome da citada sociedade. Xunto á solicitude, entre outra documentación, achegouse un contrato privado de compravenda de activos asinado na data mencionada anteriormente por Naturgy Renovables, S.L.U. e Naturgy Nuevas Energías, S.L.U., polo que a primeira sociedade adquiriu o proxecto de almacenamento eléctrico Bess Troncal.
Décimo. Con data do 13 de novembro de 2023, Naturgy Renovables, S.L.U. achegou a documentación adicional co fin de dar continuidade á tramitación do procedemento.
Décimo primeiro. Con data do 19 de decembro de 2023 e 1 de agosto de 2024, requíreselle a Naturgy Renovables, S.L.U. a documentación adicional necesaria para continuar coa tramitación do procedemento. A empresa achegou, o 29 de decembro de 2023, o 28 de maio de 2024, e o 16 de agosto de 2024 a documentación requirida.
Décimo segundo. O proxecto de almacenamento eléctrico de referencia conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de distribución a nome de Naturgy Renovables, S.L.U. para unha capacidade de acceso de 5.000 kW, de acordo coa comunicación con data do 30 de abril de 2024, do xestor da mencionada rede, os cales foron emitidos o 21 de xullo de 2022.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.
Segundo. O artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece que para a posta en funcionamento de novas instalacións de transporte, distribución, produción e liñas directas recollidas na mencionada lei ou modificación das existentes requirirá de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e autorización de explotación, que terán carácter regrado, corresponderalle neste caso o seu outorgamento á Administración autonómica.
Terceiro. De acordo co Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, correspóndelle á dirección xeral competente en materia de enerxía a competencia para outorgar a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción desta instalación.
Cuarto. Atendendo á data de inicio da tramitación do proxecto de almacenamento eléctrico recollida no antecedente de feito primeiro, non procede o trámite ambiental regulado no título II, capítulo II, sección 2ª da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, así como a ningún dos procedementos de avaliación ambiental recollidos no título III, capítulo II Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
Quinto. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, no Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión, e as súas instrucións complementarias, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
De acordo co que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Autorizar a transmisión da titularidade, así como a subrogación nos correspondentes dereitos e obrigas, do proxecto de almacenamento eléctrico Bess Troncal sito no concello de Vigo (Pontevedra) a favor de Naturgy Renovables, S.L.U.
Segundo. Outorgar a autorización administrativa previa á sociedade Naturgy Renovables, S.L.U. para o proxecto de almacenamento eléctrico Bess Troncal segundo o correspondente proxecto e addenda a este.
Terceiro. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de almacenamento eléctrico que Bess Troncal que Naturgy Renovables, S.L.U. posúe no concello de Vigo (Pontevedra), segundo o proxecto coa denominación proxecto de instalación de almacenamento eléctrico BESS Troncal, con visado dixital do 16 de decembro de 2022, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares, colexiado nº 1.102 do ICOIIG e a súa addenda asinada o 28 de febreiro de 2023, polo citado enxeñeiro.
As características finais recollidas no proxecto son as seguintes:
Solicitante: Naturgy Nuevas Energías, S.L.U. (CIF B88263249).
Promotor: Naturgy Renovables, S.L.U. (CIF B84160423).
Situación: rúa Cantabria, s/n, Vigo (Pontevedra).
Coordenadas UTM ETRS89:
|
Vértice |
X |
Y |
|
1 |
525.068,57 |
4.676.750,76 |
|
2 |
525.098,60 |
4.676.783,44 |
|
2 |
525.125,81 |
4.676.778,14 |
|
4 |
525.095,53 |
4.676.745,51 |
|
Centro xeométrico |
525.097,16 |
4.676.764,60 |
Potencia máxima de funcionamento: 5 MW, limitada mediante os sistemas de conversión de potencia, que regula a conexión desde os transformadores ata o punto de conexión, e de control de xestión das baterías.
Potencia instalada evacuable: 5 MW.
Orzamento execución material: 2.859.337,19 €.
Características técnicas recollidas no proxecto:
– 3 contedores Energy Storage System de 40 pés (12 metros aproximadamente) destinados a albergar as baterías de ion-Li en modalidade «Stand-alone», cunha capacidade total de 12,36 MWh (BoL).
– 2 contedores power station de 40 pés (12 metros aproximadamente) destinados a albergar o sistema de inversión CC/CA e de transformación BT/MT a través de 3 inversores con tensión de entrada 610-820 Vcc e tensión de saída de 400 Vca e 2 transformadores de potencia aparente de 3 MVA con relación de transformación 0,4/15 kV.
– A planta BESS troncal conectarase á rede de distribución mediante unha liña subterránea de 15 kV ata a subestación distribuidora troncal 15 kV, punto de conexión propiedade de UFD Distribución Electricidad, S.A., mediante un cable illado RHZ1-2OL 12/20 1x400mm2 Al H+16 Cu, dunha lonxitude de 248 metros.
Todo isto de acordo coas seguintes condicións:
1. O proxecto de almacenamento eléctrico terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución e addenda referidos no punto terceiro da parte dispositiva desta resolución.
2. Deberá cumprirse, en todo momento, canto establece o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión, e as súas instrucións complementarias; así como a demais normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.
3. Para introducir modificacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta dirección xeral. Pola súa banda, o Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicarlle a este centro directivo todas as resolucións que dite en aplicación da devandita facultade.
4. Unha vez construídas as instalacións, o titular presentará unha solicitude de autorización de explotación de acordo co establecido no artigo 53.c) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 132.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, perante o Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria, co fin de que esta proceda a efectuar a inspección da totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificar o cumprimento dos compromisos contraídos por Naturgy Renovables, S.L.U. e dos condicionados impostos nesta resolución, para o cal deberá achegar a documentación requirida na ITC-RAT 22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O prazo para a posta en servizo das instalacións será de seis meses contados a partir da data de notificación da obtención do último permiso necesario para executar a instalación. Se transcorrido o dito prazo, aquela non tivo lugar, poderá producirase a caducidade destas autorizacións.
6. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.
7. Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2024
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas
