DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2024/252-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LMT, CT Espaín.

– Situación: Mos.

– Descricións técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV con condutor LA-56, de 95 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente A4PQXM8P//D1-87 da LMT ATI712 Torneiros 12 e final no apoio proxectado C 12/2000-H35-CA/CS.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 87 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C 12/2000-H35-CA/CS, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 100 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado en Montañán, no camiño do Castro 62, na parcela con referencia catastral 36033A028000740000SW.

A instalación está situada no lugar de Espaín, no municipio de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/252-4.

Denominación: LMT, CT Espaín.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2

aér.

m2 sub.

1

Fernal

Prado

36033A028000710000SZ

Descoñecido/a

D1-87-1

1,00

68,04

544,04

2

Fernal

Labor

36033A028000700000SS

Descoñecido/a

D1-87-1

1,00

135,59

3

Fernal

Labor

36033A028000720000SU

Descoñecido/a

16,76

170,65

4

Ceidón

Prado

36033A028000120000SB

Descoñecido/a

D1-87-2

2,00

4,54

2,41

44,80

7,04

5

Montañán

Prado

36033A028000740000SW

Celso Leiros Carrera

CT

16,81

1,57

6,06