Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
– Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
– Denominación: regulamentación LMTA VAR803, substitución dos apoios 9SH3FVC1//52-2, 9SE5W1GP//52-3 e 9SC6K6PK//52-4.
– Situación: Vilagarcía de Arousa.
– Descricións técnicas:
Substitución dos apoios 9SH3FVC1//52-2, 9SE5W1GP//52-3 e 9SC6K6PK//52-4 da LMTA VAR803B, por un apoio C-1000/16, un C-4500/16 e un C-1000/16, respectivamente.
Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 152 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-1000/16 (9SH3FVC1//52-2) e final no apoio proxectado C-4500/16 (9SE5W1GP//52-3).
LMTA a 20 kV, con condutor LA-56, de 133 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-4500/16 (9SE5W1GP//52-3) e final no apoio proxectado C-1000/16 (9SC6K6PK//52-4), todos en condutor LA-30.
Retensado dos vans adxacentes aos apoios proxectados: 76,10 metros (do apoio proxectado C-45000/16 ata o apoio existente 9SCBSA6X//52-3-1CT), 137,60 metros (do apoio existente 9SJV8JW5//52-1 ata o apoio proxectado C-1000/16) e 133,10 metros (do apoio proxectado C-1000/16 ata o apoio existente 9S9T995E//52-5).
A instalación está situada no lugar de Aralde, na parroquia de Sobrán, no municipio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 21 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2024/257-4.
Denominación: regulamentación LMTA VAR803, substitución dos apoios 9SH3FVC1//52-2, 9SE5W1GP//52-3 e 9SC6K6PK//52-4.
Concello: Vilagarcía de Arousa.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
|
Nº |
m2 |
|||||
|
1 |
Medorno |
Rústico |
36060A045001140000GM |
Manuel Carro |
1 |
2,00 |
|
3 |
Rúa Mestres Trigo e Pazos |
Rústico |
6621318NH1162S0001MY |
Carmen Piñeiro Cores |
3 |
2,00 |
