DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2024/275-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS BAL702 e substitución dos centros de transformación San Xoán-O Freixo (36AX07) e Freixo (36C482) por CTC.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en tres actuacións. A primeira é de 40 metros de lonxitude, coa orixe no apoio HV-1000/13 (9V2G8DHW//20-16-CTA) e final no centro de transformación proxectado 1 (CT-1). A segunda é de 1.245 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación proxectado 1 (CT-1) e final no centro de transformación proxectado 2 (CT-2). A terceira é de 21 metros de lonxitude, coa orixe no apoio CH-1600/13 (9WHGKAMG) e final no centro de transformación proxectado 2 (CT-2).

Centro de transformación 1 (CT-1) compacto a 250 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V a 250 kVA, situado na parcela con referencia catastral 0707909NG2700N0001TD, estrada San Xoán-Valadares (substitúe o centro de transformación San Xoán-O Freixo 36AX07).

Centro de transformación 2 (CT-2) a 250 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54057A164000990000BR (substitúe o centro de transformación Freixo 36C482).

As instalacións están situadas no lugar de San Xoán, na parroquia de San Andrés de Comesaña e no lugar do Freixo, na parroquia de Valadares, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria:

(https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/275-4.

Denominación: LMTS BAL702 e substitución dos centros de transformación San Xoán-O Freixo (36AX07) e Freixo (36C482) por CTC.

Concello: Vigo.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

CT

m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Vigo

Urbano

0707909NG2700N0001TD

Hrdos. José Manuel Romero Caride

16,81

5,00

20,51

2

Vigo

Urbano

0707908NG2700N0001LD

Juliana Alonso Ucha

3,72

8,37

3

Pozos

Rústico

54057A164000990000BR

CMVMC de Valladares

2,26

2,30

7,01