Expediente: IN407A 2023/169-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: LMT, CT e RBT lugar Lombiña.
Concello: A Pobra do Caramiñal.
Feitos:
1. O día 27 de marzo de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co fin de mellorar a calidade de subministración eléctrica no lugar de Lombiña, concello da Pobra do Caramiñal, proxéctase a instalación dun centro de transformación de 250 kVA de potencia, unha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT PMR816 (expediente IN407A 2014/168-1), procedente da subestación Palmeira, e tres saídas de baixa tensión que o conectarán coa rede de baixa tensión da zona.
Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:
• Proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT lugar Lombiña, asinado o 3 de outubro de 2022 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con núm. colexiado 2.980 de Vigo.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante o Acordo do 26 de xuño de 2023, publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
• DOG: 18 de xullo de 2023, número 136.
• BOP: 30 de xuño de 2023, núm. 124.
• Xornal La Voz de Galicia: 26 de xullo de 2023.
• Taboleiro de anuncios do concello: notificada a solicitude de certificación da exposición pública ao Concello da Pobra do Caramiñal o 28 de xuño de 2023 e reiterada a dita solicitude de certificación o 31 de maio de 2024, non se obtivo resposta deste organismo.
3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados, dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo de Urbanismo-Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Coruña; Deputación Provincial da Coruña e Concello da Pobra do Caramiñal. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado, a saber, Urbanismo.
5. O día 31.5.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar Lombiña, concello da Pobra do Caramiñal.
– LMTS a 20 kV de 2×719 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no PAR proxectado nun punto comprendido entre o CT Devesa-Xobre (15AZ70, expedientes 27.254, IN407A 1996/254-1 e IN407A 2016/1713-1) e o CT Pedrosa (15CLJP, expediente IN407A 2014/168-1) da LMT PMR816 (IN407A 2014/168-1), procedente da subestación Palmeira, facendo entrada/saída no CTC proxectado.
– CT no lugar A Garita compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 18 de outubro de 2024
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio;
DOG núm. 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña
ANEXO
Expediente IN407A 2023/169-1
LMT, CT e RBT lugar de Lombiña
Relación de bens e dereitos afectados, concello da Pobra do Caramiñal
|
Parcela proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Paraxe |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT. |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
María Domínguez Rego |
5953101NH0155S0001DK |
Lugar da Garita |
CT e acceso |
17,81 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2
