DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60513

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de elaboración das listas propias desta axencia para a contratación temporal de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

A Resolución do 1 de agosto de 2024, da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, aproba as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias desta axencia para a contratación temporal de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) e abre o prazo de presentación de solicitudes en 2024 (DOG núm. 156, do 13 de agosto).

A Resolución do 24 de outubro de 2024, da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, aproba e fai públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de elaboración das listas propias de persoal docente do CSHG (DOG núm. 209, do 29 de outubro).

A Resolución do 8 de novembro de 2024, da Dirección da Axencia Turismo de Galicia aproba e fai pública as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de elaboración das listas propias de persoal docente do CSHG.

A cláusula novena das bases da convocatoria dispón que o tribunal de selección do proceso será nomeado mediante resolución da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia e constituirase unha vez publicada a relación definitiva de aspirantes. Así mesmo, establece que estará constituído por sete (7) membros e a súa composición virá determinada polo previsto no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Tendo en conta o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear como membros, titulares e suplentes, do tribunal de selección do proceso de elaboración das listas propias desta axencia para a contratación temporal de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) as seguintes persoas:

– Presidencia:

Nuria Sánchez Vázquez, persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia, grupo I (CSHG).

Andrés Rumbo Amigo, persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia, grupo I (CSHG) (suplente).

– Secretaría:

José Andrés Nieto Vidal, persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia, grupo I (CSHG).

Raimundo Viejo Rubio, persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia, grupo I (CSHG) (suplente).

– Vogais:

Cristina López Quintela, persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia, grupo I (CSHG).

Nuria Cid Álvarez, persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia, grupo I (CSHG).

María Celia López Penabad, profesora titular na USC.

Pablo Durán Santomil, profesor titular na USC.

José Manuel Maside Sanfiz, profesor titular na USC.

Paula Neira Placer, persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia, grupo I (CSHG) (suplente).

José Rodríguez Vázquez, persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia, grupo I (CSHG) (suplente).

Sara Cantorna Agra, profesora titular na USC (suplente).

Lucía Rey Ares, profesora axudante doutora na USC (suplente).

María Garrido Ruso, profesora axudante doutora na USC (suplente).

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, recollidas nas bases do proceso, á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo www.turismo.gal

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia