DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60531

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2024 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos; e o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocados polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.

Mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.

Unha vez finalizados os procesos selectivos citados e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos citados anteriormente e que, segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Dado que na presente convocatoria coexisten procesos de acceso libre e procesos de estabilización do mesmo subgrupo e prazas correspondentes a diferentes ofertas de emprego público, a orde para a elección de destino efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

1º. A orde virá determinada polo ano de publicación da oferta pública de emprego, deste xeito, as ofertas mais antigas terán preferencia sobre as ofertas de emprego público máis recentes. No caso de que nunha convocatoria se acumulen prazas correspondentes a varias ofertas, tomarase como referencia a oferta máis antiga convocada.

2º. No caso de que as prazas convocadas en cada proceso selectivo (acceso libre ou estabilización) estean incluídas na mesma oferta de emprego público, terán preferencia para o acto de elección de destino as persoas que participan nos procesos de estabilización sobre as persoas que participan nos procesos de acceso libre.

Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao cal se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Quinto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións de «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º) De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición cuarta. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º) De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición cuarta, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestaren servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición cuarta.

3º) De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, poderán solicitar seren declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público; o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición cuarta, á cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso, non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para seren declaradas en excedencia, ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias con destinos provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Nº de orde de elección de destino

Nº de orde no proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Proceso selectivo

Ano OPE

Acceso

1

1

***7339**

Arias Rodríguez, José Antonio

Arquitectos técnicos-estabilización

2018, 2020

Libre

2

2

***1860**

Visos Fiaño, Antonio

Arquitectos técnicos-estabilización

2018, 2020

Libre

3

1

***1524**

Ansede Ogando, Ana María

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

4

2

***5263**

Santamaría Vázquez, Susana

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

5

3

***6757**

Linares Avila, María del Pilar

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

6

4

***4739**

González Román, José Benito

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

7

5

***6373**

Ferreiroa González, José Manuel

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

8

6

***2635**

Martínez de la Cruz, Julio Antonio

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

9

7

***7927**

Fernández García, Borja

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

10

8

***5191**

Penas López, Daniel

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

11

9

***7042**

González Aguiar, Mónica

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

12

10

***9006**

Presas Rodríguez, María Luisa

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

13

11

***4686**

Fernández Dopazo, Sonia María

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

14

12

***2706**

Martínez Ruibal, Juan Antonio

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

15

13

***0755**

Abelleira Lence, Susana María

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

16

14

***2876**

González Álvarez, Diego

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

17

15

***7809**

Anido Puente, Ana

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

18

16

***2424**

Camino Vilariño, María Isabel

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

19

17

***6311**

Trigo González, Ana Belén

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

20

18

***1205**

Salorio Álvarez, Francisco Javier

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

21

19

***8430**

Castiñeiras Lesende, Ana

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

22

20

***0642**

Rancaño Borras, Susana

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

23

21

***0706**

Novo Sánchez, Sandra

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

24

22

***4563**

Eijo Nogueira, David

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

25

23

***3017**

Rivero Martínez, Yolanda

Arquitectos técnicos-acceso libre

2018

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

1

IVA100000415770085

Xefatura da Sección Técnica III

IV

Área de Construción e Conservación

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25

 

2

FCA291000027001130

Xefatura de sección facultativo/a técnico/a

FC

Delegación Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

A2

25

 

3

EDC991000027001194

Xefatura da Sección da Unidade Técnica

ED

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A2

25

 

4

EDC991000036001222

Xefatura da Sección da Unidade Técnica

ED

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A2

25

 

5

FCC020000215770015

Xefatura da Sección Técnica

FC

S. X. do Patrimonio

Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Santiago de Compostela

A2

25

 

6

MAO191000032001085

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Área Provincial Ourense

IGVS/áreas provinciais

Ourense

A2

22

Carné de conducir B1 (mérito)

7

MAC991000032001014

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A2

22

 

8

MAC991000036001012

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A2

22

 

9

EDC991000036001217

Arquitecto/a técnico/a

ED

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A2

22

 

10

IVA100000415770080

Xefatura da Sección Técnica II

IV

Área de Construción e Conservación

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25

 

11

IVA100000415770087

Xefatura da Sección Técnica IV

IV

Área de Construción e Conservación

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25

 

12

EDC991000036001224

Xefatura da Sección da Unidade Técnica

ED

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A2

25

 

13

MAO191000036001086

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Área Provincial Pontevedra

IGVS/áreas provinciais

Pontevedra

A2

22

Carné de conducir B1 (mérito)

14

MAO191000027001087

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Área Provincial Lugo

IGVS/áreas provinciais

Lugo

A2

22

Carné de conducir B1 (mérito)

15

FCA291000015001187

Xefatura de sección facultativo/a técnico/a

FC

Delegación A Coruña

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

A Coruña

A2

25

 

16

MAO191000027001086

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Área Provincial Lugo

IGVS/áreas provinciais

Lugo

A2

22

Carné de conducir B1 (mérito)

17

MAO191000027001085

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Área Provincial Lugo

IGVS/áreas provinciais

Lugo

A2

22

 

18

MAO191000036001085

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Área Provincial Pontevedra

IGVS/áreas provinciais

Pontevedra

A2

22

Carné de conducir B1 (mérito)

19

PSC991000036560135

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

PS

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A2

22

 

20

PSC020000615770030

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

PS

S. X. de Proxectos e Informes Técnicos Sectoriais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A2

22

 

21

MAO191000015001090

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Área Provincial

A Coruña

IGVS/áreas provinciais

A Coruña

A2

22

Carné de conducir B1 (mérito)

22

MAO191000015001089

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Área Provincial

A Coruña

IGVS/áreas provinciais

A Coruña

A2

22

Carné de conducir B1 (mérito)

23

EDC991000015001261

Xefatura da Sección da Oficina de Supervisión de Proxectos

ED

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

A2

25

 

24

EDC991000015001247

Xefatura da Sección da Unidade Técnica

ED

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

A2

25

 

25

EDC991000036001223

Xefatura da Sección da Unidade Técnica

ED

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A2

25