Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 219, do 13 de novembro de 2024, cómpre facer as seguintes correccións:
No sumario, nas páxinas 59957 e 60141, onde di:
«RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e en categorías do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso».
Debe dicir:
«RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso».
