DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 22 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2022/366-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT BOI804-apoios 9KLLWCC5//74 e 9KMADLQD//75, no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2022/366-1), mediante a Resolución deste departamento territorial, do 1 de xullo de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 17 de decembro de 2024 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con este acordo no taboleiro de edictos do Concello da Pobra do Caramiñal, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 24.3.2023, no BOP do 8.3.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 14.3.2023, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 22 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña