DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 2023/409-1).

Expediente: IN407A 2023/409-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMT, CT e RBT Outeiro.

Concello: Bergondo.

Feitos:

1. O día 28 de setembro de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, coa fin de mellorar a calidade de subministración eléctrica dos clientes do lugar do Outeiro.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: LMT, CT e RBT Outeiro, asinado o 12 de xullo de 2023 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con núm. colexiado 502 de Ourense.

– Anexo 1 a proxecto LMT, CT e RBT Outeiro, asinado o 20 de maio de 2024 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con núm. colexiado 502 de Ourense.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante o Acordo do 9 de novembro de 2023, publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

– DOG: 30 de novembro de 2023, núm. 228.

– BOP: 15 de novembro de 2023, núm. 218.

– Xornal La Voz de Galicia: 29 de novembro de 2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo o certificado municipal do concelleiro delegado de Infraestruturas, Urbanismo e Réxime Interior do Concello de Bergondo do 2 de xaneiro de 2024.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados, dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo de Infraestruturas Agrarias-Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña; Demarcación de Estradas do Estado en Galicia-Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable; ADIF-Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable; Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA)-Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable; Deputación da Coruña e Concello de Bergondo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados.

5. O día 3.10.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar do Outeiro, parroquia de Cortiñán (Santa María), no concello de Bergondo.

– Instalación, na parcela con referencia catastral 15008A501002230000ZG, sita no lugar do Outeiro (Cortiñán), dun novo centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, dotado de equipamento de telecontrol e telexestión e cadro de baixa tensión con catro (4) saídas (dúas de reserva).

– Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 2×687 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), coa orixe e remate en empalmes MT que se realizarán na arqueta existente na intersección da estrada N-VI coa estrada DP-0801 (A Fraga-Santa Marta de Babío) sobre o treito da LMTS BEG-714 comprendido entre o CT polígono de Bergondo núm. 10 (expediente IN407A 2015/306-1/matrícula 15CLF6) e o CT Cortiñán-Fraga (expediente 26.960/matrícula 15A745), tras entrar e saír no novo CT proxectado.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 18 de outubro de 2024

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio;
DOG núm. 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Instalación: LMT, CT e RBT Outeiro.

Concello: Bergondo.

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT. soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecida

15008A501002230000ZG

Santares

CT e acceso

43,66

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío de secaño

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m².

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m².