DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2024/95-1).

Expediente: IN407A 2024/95-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: CT e RBT lugar Padreiro, s/n.

Concello: Santa Comba.

Feitos:

1. O día 19 de marzo de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co fin de atender unha petición de subministración eléctrica de 44 kW de potencia para uso agrícola no lugar de Padreiro, concello de Santa Comba, proxéctase a instalación dun novo centro de transformación de 160 kVA de potencia, de superficie prefabricada, a retirada do centro de transformación de intemperie existente CT Padreiro II (15AGM1) de 100 kW e unha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT CBL805, procedente da subestación Carballo.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: CT, RBT lugar Padreiro, s/n, asinado con data do 28 de novembro de 2023 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica e número de colexiada 2.033 da Coruña.

– Anexo, asinado o 16 de maio de 2024 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica e número de colexiada 2.033 da Coruña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 10 de maio de 2024, publicado nos seguintes medios:

– Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 3 de xuño de 2024, núm. 106.

– BOP: 16 de maio de 2024, núm. 95.

– Xornal La Voz de Galicia: 13 de xuño de 2024.

– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal da secretaria xeral do Concello de Santa Comba do 2 de agosto de 2024.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Santa Comba. No día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado á emisión do condicionado solicitado.

5. O día 10.7.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Padreiros, concello de Santa Comba.

– LMTS baixo tubo a 20 kV, de 18 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio tipo HV 1000/13 existente da LMT CBL805, procedente da subestación Carballo, e remate no CTC proxectado que se instalará a carón do dito apoio.

– Novo CT Padreiro compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P. Desmantelamento do CTI Padreiro II (15AGM1).

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 18 de outubro de 2024

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio;
DOG núm. 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servicio de Industria

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente IN407A 2024/95-1.

Instalación: CT e RBT lugar Padreiro, s/n.

Concello: Santa Comba.

Predio proxecto

Persoa
propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo pleno dominio

Afección de solo por

servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio núm.

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Carmen Vilar Fernández

7286807NH1678N0001ZF

Padreiro

CT e acceso

24.83

Urbana

Abreviaturas:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.