DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2024/307-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS e substitución CT Galáns (36CCS5).

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 60 metros de lonxitude, con orixe e final nos dous empalmes que se realizarán no punto de acceso proxectado sobre a LMTS actual VAR803B, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado en substitución do actual centro de transformación Galáns.

Centro de transformación compacto telecontrolado a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V.

A instalación está situada en Galáns, na parroquia de Santa María de Caleiro, no municipio de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/307-4.

Denominación: LMTS e substitución CT Galáns (36CCS5).

Concello: Vilanova de Arousa.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

CT m2

1

Galáns-Caleiro

Rural

36061A028004650000LP

Descoñecido/a

33,57